Repair Café: Casa da Cultura de Lira (antiga escola)
Saturday, 18 January 2025
16:00 – 20:00
16:00 – 20:00
This event that has already happened.
Tiralo? Nin pensalo! O sábado 18 de xaneiro organizamos un Repair Café de 16:00 a 20:00 na [antiga escola de Lira](https://maps.app.goo.gl/TiotPee4eUvuFDvs8) (Salvaterra do Miño).
Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se che ocorra!
Evento gratuito. Agradécese inscripción antes do 13 de xaneiro para facilitar a organización. Pódeste escribindo ou chamando ao 644475428, ou cubrindo o formulario (<http://usem.liberaforms.org/repair-cafe-en-lira>), onde atoparás máis información.
== Hosted by Repair Café Vigo ==
Ola! O Repair Café de Vigo organizámolo dende o [Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Vigo](https://bancoreciclaxevigo.blogspot.com/), e formamos parte da rede de [Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia](https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/), que ten varios obxectivos:
* A difusión das tecnoloxías libres e da soberanía dixital
* A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos coa fin de aumentar a súa vida útil. Esto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
* A redución da fenda dixital
E como facemos isto? Pois recibimos ordenadores teóricamente obsoletos, e mediante o emprego de software libre tratamos e reacondicionalos para alongar a súa vida útil. Unha vez reacondicionados, entregámolos a ONGs de carácter social, que son quen nos axudan a canalizalos ata a xente que os precisa.
Tratamos de ir máis alá da reparación dos equipos, impartindo formacións ás persoas usuarias e talleres de reparación abertos ao público xeral. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación, e o que ocorre coa súa eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). En Vigo o banco témolo na Escola de Enxeñería de Telecomunicación entre as asociación Enxeñería Sen Fronteiras e o IEEE UVigo.
Ademais, organizamos Repair Cafés periódicos en distintos puntos de Vigo. Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se che ocorra.
Vémonos!
https://bancoreciclaxevigo.blogspot.com
Learn more about Repair Cafés and how to start one at: https://therestartproject.org/